Obtén estatísticas rapidamente con Google Forms

Crea e comparte formularios e enquisas en liña facilmente e analiza as respostas en tempo real.

Non tes conta?

Crea un formulario en liña coa mesma facilidade coa que crearías un documento

Selecciona entre diversos tipos de preguntas, arrastra e solta as preguntas para cambiarlles a orde e personaliza os valores tan facilmente como se pegases unha lista.

Crea formularios facilmente Crea formularios facilmente

Envía enquisas e formularios máis lucidos

Personaliza as cores, as imaxes e os tipos de letra de xeito que se axusten ao deseño da túa organización ou reflictan a súa marca. Tamén podes engadir unha lóxica personalizada que mostre preguntas baseadas en respostas para ter unha experiencia máis completa.

Envía enquisas lucidas Envía enquisas lucidas

Analiza as respostas con resumos automáticos

Revisa gráficos con datos de resposta que se actualizan en tempo real. Ou, se o prefires, podes abrir os datos sen procesar con Google Sheets para analizalos polo miúdo ou automatizar procesos.

Analiza as respostas con resumos Analiza as respostas con resumos

Crea enquisas e responde a elas desde calquera lugar

Crea e edita formularios, e accede a eles, esteas onde esteas, desde pantallas grandes ou pequenas. Os outros usuarios poderán responder á túa enquisa desde calquera lugar e con calquera dispositivo móbil, tableta ou ordenador.

Forms, responde enquisas Forms, responde enquisas
Crea formularios e analiza resultados con outros usuarios

Crea formularios e analiza os resultados con outros usuarios

Engade colaboradores, como fas en Documentos, Follas de cálculo e Presentacións de Google, para creardes entre todos preguntas en tempo real. Poderedes analizar xuntos os resultados sen ter que compartir varias versións do ficheiro.

Traballa con datos de resposta precisos

Traballa con datos de resposta precisos

Utiliza a intelixencia integrada para fixar normas de validación de respostas. Por exemplo, para comprobar que os enderezos de correo electrónico teñen o formato correcto ou que os números están nun intervalo concreto.

Comparte formularios por correo electrónico, mediante unha ligazón ou en sitios web

Comparte formularios por correo electrónico, mediante unha ligazón ou en sitios web

É fácil compartir formularios con persoas concretas ou cun público máis amplo. Só tes que inserir os formularios no teu sitio web ou compartir as ligazóns nas redes sociais.

Seguranza, cumprimento de normativas e privacidade

insignia da ISO/IEC insignia de SoC insignia de FR insignia da HIPAA

Seguranza como valor predeterminado

Empregamos medidas de seguranza líderes no sector para salvagardar os teus datos, como ferramentas de protección avanzadas contra o software malicioso, por exemplo. Ademais, Formularios é unha aplicación nativa deseñada para usarse na nube, o que significa que os teus dispositivos correrán menos riscos porque non hai necesidade de usar ficheiros almacenados localmente.

Encriptación en tránsito e en repouso

Todos os ficheiros que se cargan en Google Drive ou se crean en Formularios dispoñen de encriptación en tránsito e en repouso.

Garantía de cumprimento de normativas e regulamentos

Os nosos produtos (tamén Formularios) sométense periodicamente a procesos independentes de control para comprobar a seguranza, privacidade e cumprimento das normativas que ofrecen.

Privacidade como valor engadido

Formularios cumpre cos mesmos sólidos principios respecto da privacidade e protección de datos que o resto dos servizos empresariais de Google Cloud.

icona de privacidade

Ti controlas os teus datos.

Nunca utilizamos o teu contido de Formularios con fins publicitarios.

Nunca lles vendemos a túa información persoal a terceiros.

Escolle o plan que máis che conveña

Google Forms forma parte de Google Workspace

Todos os plans inclúen

  • icona de Docs
  • icona de Sheets
  • icona de Slides
  • icona de Forms
  • icona de Keep
  • icona de Google Sites
  • icona de Drive
  • icona de Gmail
  • icona de Meet
  • icona de Calendar
  • icona de chats

Forms for Work

Para uso persoal (sen custo)

Ir a Forms

Business Standard

$12 USD

ao mes por usuario

Comezar

Consultar máis plans

Google Forms
Documentos, Follas de cálculo, Presentacións e Formularios

Creación de contido

done

done

Google Drive
Drive

Almacenamento na nube seguro

15 GB por usuario

2 TB por usuario

Unidades compartidas para o teu equipo

remove

done

Gmail de Google
Gmail

Correo electrónico seguro

done

done

Correo electrónico de empresa personalizado

remove

done

Google Meet
Meet

Chamadas de voz e videoconferencias

100 participantes

150 participantes

Almacenamento en Drive das gravacións das reunións

remove

done

Administracións de seguranza
Administración

Administración centralizada

remove

done

Controis da política de seguranza baseados en grupos

remove

done

Servizo de atención ao cliente

Autoservizo en liña e foros comunitarios

Servizo permanente de asistencia en liña e foros comunitarios

Todo listo para comezar?